domingo, 21 de octubre de 2012

A teoría do Big Bang

por Pablo L. (1º da ESO)
 
A teoría do Big Bang (ou gran expolsión como denominamos na clase), foi un grande avance para o coñecemento do universo, rompendo así a creenza de que Deus fora o seu creador. O Big Bang, empezou a coñecerse grazas a unha serie de descubrimentos realizados por moitos astrónomos; como Georges Lemaître, Alexander Friedman e unhos avances de Albert Einstein e Edwin Hubble (como ben falaron del as nosas compañeiras Noelia e Verónica).



 O Big Bang, comezou cun "átomo primixenio" ou "ovo cósmico", que se empezou a expandir hai 13.700 millóns de anos. Nese tempo creáronse millóns de galaxias , de planetas e estrelas. Ao principio só era un puntiño pequeno , quente e moi denso , despois houbo un tempo de oscuridade e comezáronse a crear as primeiras estrelas, grazas aos átomos de helio. Isto conlevou as galaxias  e aos planetas, que ao comezo estaban máis xuntos que agora, polo espazo máis reducido, porque o espazo segue en continuo movemento.      

Mais informacion premendo aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario